Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Español
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

* Metodoloxías docentes que se modifican
Metodoloxía expositiva: as exposicións teóricas se desenvolverán a través do campus remoto. Será posible consultar as gravacións das sesións na plataforma de teledocencia Faitic.
Trabajo autónomo: se establecerán cuestionarios regulares en moodle.
Presentación oral: a exposición oral do traballo de curso poderá ser realizada polo alumado a través do Campus Remoto. En previsión de posibles problemas de conexión, o alumnado poderá enviar a súa exposición gravada.

Traballo tutelado: estableceránse sesións virtuais a través do Campus remoto e Faitic para supervisar os traballos monográficos do alumnado. O alumnado enviará os seus traballos e recibirá as correccións por vía telemática.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O alumnado poderá establecer con concertación previa titorías telemáticas mediante videoconferencia, acceso a despacho virtual ou foro de Faitic. Tamén será posible establecer unha comunicación constante coa profesora mediante correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Se marcará un manual esencial como lectura obrigatoria da materia. Así mesmo haberá un conxunto de artigos científicos de lectura obrigada para o alumnado.
* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Traballo tutelado. Pasa do 40 por cento ao 45% da nota global.

* Probas pendentes que se manteñen
Exame: 30%
Presentación:20%
participación: 5%
...

* Probas que se modifican
A observación do grao de participación do alumnado nas sesións deixa de ser avaliable. No seu lugar se comproborá a regularidade de conexión e/ou interacción nos foros habitilitados. A porcentaxe variará do 10% (participación do alumnado nas sesións expositivo-participativas) ao 5% (regularidade de conexión e correcto seguimento).
* Novas probas
Realizaranse cuestionarios en modle en relación coas lecturas obrigatorias.
* Información adicional
O exame previsto para a materia realizarase de forma síncrona por vía telemática.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000