Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Metodoloxía docente
No caso de impartición de docencia en modalidade non presencial, a actividade docente impartirase mediante o Campus Remoto e a plataforma de teledocencia Faitic.

Atención personalizada
No caso de impartición da docencia non presencial, as sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, foros de Faitic...) con concertación previa dependendo da modalidade.

Avaliación
No caso de non poder facerse o exame presencial, axustaranse as porcentaxes de cualificación e serán as seguintes (a non ser que haxa outras recomendacións):
-traballo tutelado: 40%
-resolución e revisión de exercicios: 10%
-asistencia e participación nas sesións expositivas: 10%
-exame de preguntas de desenvolvemento: 40%

A modalidade de exame, de non ser presencial, será on line a través da plataforma de teledocencia Faitic.

En calquera caso, teranse en conta as dificultades de conectividade do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000