Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da expresión plástica e visual
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións significativas nas metodoloxías nos tres escenarios docentes previstos. A única adaptación salientable, é a relativa ao seu modo de execución. Dentro do posible escenario de ensinanza mixta ou semipresencial, as metodoloxías se levarían a cabo de xeito presencial e virtual. Por otra banda, no escenario de ensinanza a distancia, as metodoloxías previstas se adaptarían a unha modalidade de execución virtual.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica a dinámica propia de ningunha metodoloxía docente, excepto, como se di no apartado anterior, a súa modalidade de execución; presencial e virtual (no caso dun escenario mixto); e exclusivamente virtual (no caso dun escenario a distancia).


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No potencial escenario de docencia semipresencial, as sesións de titorización poderán realizarse presencialmente, no despacho do laboratorio de plástica da Facultade de Ciencias de la Educación e do Deporte, ou por medios telemáticos baixo a modalidade de concertación previa no horario que se estableza.

Cristina Varela Casal: (Despacho Virtual 2624, clave: p31oP3Eq; o por correo electrónico: cristinavarelacasal@uvigo.es)
Iciar Ezquieta: (Despacho virtual 742, clave: Difacticayarte; o por correo electrónico : iciarezquieta @uvigo.es )

No caso dun escenario docente na modalidade a distancia, a titorización realizarase únicamente polos medios telemáticos mencionados.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
No hai modificacións nos contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional, no caso de que houbese, será proporcionada ao longo do desenvolvimento da materia, para cada tema.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Sen modificación na tipoloxía das probas programadas, os criterios de avaliación, nin na ponderación destes na nota final.

* Probas pendentes que se manteñen
Todas as probas propostas na guía docente se manteñen en cualquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia.
Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, se manteñen.
Os procedementos ou tipoloxía das probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero sí no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos.
Así, no caso de estar nunha situación de ensinanza mixta ou semipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de xeito presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. Se non fora posible facelas presencialmente, se combinaría a modalidade presencial coa virtual, ou se realizarían exclusivamente de xeito virtual.
Se a situación é de ensinanza virtual todas as probas de avaliación se realizarán de xeito virtual.

* Probas que se modifican
Non hai

* Novas probas
Non hai

* Información adicional
Non hai
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000