Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Metodoloxías docentes que se manteñen: A metodoloxía docente mantense coa posible modificación de que os traballos previstos para facer en grupo serán individuais ou parellas.A plataforma do Campus Remoto e FAITIC serán prioritarias para o desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe.


Metodoloxías docentes que se modifican.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): Titorías remotas e telefónicas, correo electrónico.

Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: non hai modificacións.

Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: A bibliografía xeral.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación realizarase a través de casos prácticos sobre os contidos de cada tema da materia, dando a posibilidades de obter 100% da calificación a través deste instrumento.
O exame oficial será para o alumnado que non realice os casos prácticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000