Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxía docente
No caso da docencia en modalidade non presencial, a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e o uso da plataforma de teledocencia Faitic.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No caso de que a docencia sexa non presencial, as sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, foros de Faitic...) con concertación previa dependendo da modalidade.

* Bibliografía esencial para facilitar a auto-aprendizaxe
Álvarez, R. & Xove, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Instituto da Lingua Galega & Real Academia Galega (2004). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: ILG/RAG.
Hermida, C. (2004). Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago: Sotelo Blanco.
López Viñas, X.; Lourenço Módia, C. e Moreda Leirado, M. (2011). Gramática Práctica da Lingua Galega. Comunicación e Expresión. A Coruña: Baía Edicións.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* No caso de non se facer a presentación do traballo de curso a nota final equivalería a partes iguais ás practicas (50%) e traballo de curso (50%)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000