Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Esta metodoloxía está pensada para poñer en práctica os coñecementos adquiridos e activar as capacidades que permiten acadar competencias de aplicación á realidade.
O traballo será realizado en pequeno grupo, guiado, avaliado en proceso e avaliado en resultado.
A base sobre a que se aplican os criterios de avaliación é a das competencias da materia a través da participación do alumnado nas sesións de introdución e de seguemento e a memoria onde se recolle o traballo realizado.
25 A1
A2
A3
A4
A5
B5
B11
B12
C12
C13
C23
C24
C25
C26
C27
C28
C29
C36
C43
C62
C63
C67
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
Presentación Neste apartado terase en conta a presentación pública dos traballos tutelados, así como a presentación e debate ou posta en común en aula dos exercizos e dos seminarios. polo tanto neste apartado é no que se valoran especificamente as competencias relacionadas coa comunicación e a participación nas aulas A, na presentación pública da memoria do proxecto de investigación, e nos seminarios das horas C. 15 A1
A2
A4
A5
C10
C12
C43
C63
C67
D3
D5
D6
D11
D17
D21
Resolución de problemas de forma autónoma Esta metodoloxía, de carácter voluntario, está pensada para aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis nos temas.
No material preparado pola docente fanse suxestións que orientan ao alumnado para este fin, pudendo tamén o propio alumnado afondar en aspectos que non estean suxeridos pola docente.
Este traballo voluntario pasará a formar parte do cartafol individual do alumnado e permitirá sumar para a avaliación final.
5 A1
A3
A5
B11
B12
C13
C14
C28
C43
C62
C66
C67
D1
D3
D15
D21
Seminario
Cada grupo C terá 8 sesións en seminario (horas C) ao longo do cuadrimestre.
Para o seu desenvolvemento será preciso que o alumnado se coordine, se documente e traballe previamente, individualmente e en grupo, coas lecturas e indicacións propostas.
Nas sesións de seminario cada participante intervirá presentando as conclusións ás que chegara, de modo que se comparta o coñecemento e que se debata en grupo.
15 A1
A2
A3
A4
A5
B5
B11
C12
C13
C30
C37
C43
C48
C64
D1
D2
D3
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o desenvolvemento do curso realizaranse, de xeito voluntario por parte do alumnado, 10 probas de coñecemento de resposta curta sen apoio de apuntamentos nin material de consulta. Quen non desexe realizalas debe renunciar a esa posibilidade expresamente e comunicarllo á docente. Nese caso deberá realizar obrigatoriamente a proba de coñecimiento na data do exame final pero sie apoio de material de consulta. Para a realización das probas tomarase como base os contidos dos temas e os exercicios propostos ao final de cada tema. As probas de resposta curta serán avaliadas de inmediato e devoltas ao alumnado para a súa comprobación e comentario en aula. permiten manter o ritmo de traballo e a retroalimantación respecto do resultado. De superarse estas probas non será necesario facer ningunha outra proba de coñecemento. Para iso non deben suspenderse máis de 4 por debaixo de 4, ou máis de 3 por debaixo de 3.5. O total de suspensos que se poderán acumular con estas cualificacións non deberá ser superior ao 40%. 30 A1
A5
B7
B9
B10
B12
C1
C4
C10
C11
C13
C14
C27
C28
C31
C36
C37
C62
C66
C67
D19
Cartafol/dossier O cartafol é de realización voluntaria e persoal, flexible segundo os intereses e necesidades da cada alumna/o. No cartafol irase plasmando o traballado realizado durante o curso: resolución de exercicios de entre os recomendados ao final de cada tema, pescudas, recensións, cometarios sobre vídeos e películas, ..., nel poderanse incluír elementos concernintes ao traballo de aula A, B ou C. Por exemplo,
pódense incluír aspectos concretos relacionados co traballo de investigación tutelado de grupo que non teñan cabida na memoria.
O cartafol poderase ir revisando na titoría ao longo do cuadrimestre por solicitude do alumnado ou da docente.
5 A1
A2
A3
A5
B7
B9
B10
B11
B12
C1
C4
C10
C12
C13
C14
C27
C30
C31
C36
C37
C43
C62
C64
C66
C67
D1
D3
D12
D13
D14
D19
D21
Exame de preguntas de desenvolvemento A proba presencial de resposta longa ten dobre caracter: voluntario para acceder do notable ou o sobresaliente á MH; e caracter obrigatorio no caso de non superar a avaliación continua Terá lugar na data da proba final oficial.
Disporase de dúas horas para a súa realización e poderanse consultar materiais como o cartafol ou outras lecturas de consulta.
Nesta data oficial final participarán tamén as persoas que non acadaran unha avaliación contínua positiva ao longo do desenvolvemento do cuadrimestre ou as que renunciasen expresamente a facelas. neste caso o tipo de proba será unha mestura de preguntas curtas e longas sen apoio de materiais de consulta. Tamén disporán de dúas horas para o seu desenvolvemento. Neste caso deberase acadar unha cualificación que permita facer media coas demais partes da materia, podendo chegar ata o 30% previsto para a avaliación continua coas probas de resposta curta.
5 A1
A3
A4
A5
B7
B9
B10
B12
C1
C4
C10
C11
C13
C14
C28
C31
C36
C37
C62
C66
C67
D1
D3
D13
D14
D19
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar
a materia é imprescindible: cumprir os prazos de traballo establecidos, superar
a avaliación continua, a(s) proba(s) de contidos teóricos e a memoria final do
traballo.

Polo tipo de materia que é faise máis fincapé
nos aspectos reflexivos que memorísticos. 

A segunda convocatoria (avaliación de xullo) terá os mesmos requirimentos,
de tal maneira que as partes superadas na primeira non hai que repetilas.

A data de exame pódese consultar na web da facultade no apartado de
organización académica.

http://feduc.webs.uvigo.es/

Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado. As condicións de avaliación do alumnado non asistente son que certifique
e motive razoablemete a imposibilidade de asistencia. Será guiado na
aprendizaxe e no cumprimento dos fitos a través de titorías concertadas
coa docente. Os requirimentos non serán diferentes en relación á
consecución das competencias, a excepción do que depende do traballo que
se fai en grupo ou que se ha de presentar oralmente diante do mesmo. Terá dereito a un exame global.