Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Plan de Continxencias
 
Descrición

MODIFICACIÓS NAS GUÍAS DOCENTES
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen:
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións significativas nas metodoloxías nos tres escenarios docentes previstos. A única adaptación resaltable, é a relativa ao seu modo de execución. No posible escenario de ensinanza mixta ou semipresencial, as metodoloxías se levarían a cabo de modo presencial e virtual. Por outra banda, que no escenario de ensinanza a distancia, as metodoloxías previstas se adaptarían a una modalidade de execución virtual.
 

* Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se modifica a dinámica propia de ninguna metodoloxía docente, excepto, como se di no apartado anterior, a súa modalidade de execución, presencial e virtual (no caso dun escenario mixto); e exclusivamente virtual (no caso dun escenario a distancia).


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No potencial escenario de docencia semipresencial, as sesións de titorización poderán realizarse presencialmente, nas aulas e no despacho do profesor, baixo a modalidade de concertación previa e no horario que se estableza.
No caso dun escenario docente na modalidade a distancia, a titorización realizarase únicamente polos medios telemáticos mencionados.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións nos contidos a impartir.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

* Outras modificacións
Ferramentas para a docencia virtual. No escenario de docencia semipresencial, ademáis da docencia presencial nas aulas, a actividade docente virtual impartirase mediante Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo, e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
No escenario de docencia a distancia, a actividade docente realizarase exclusivamente de modo virtual.
 

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
As probas de avaliación durante o curso 2019-20 nesta materia, ata que se produce a situación de alarma por mor sanitario do Covid-19, foron realizadas segundo o establecido na guía docente ordinaria. A partires da implantación do estado de alarma, a avaliación realizouse de modo virtual (a través da plataforma Moodle, de FAITIC, e do Campus remoto), sen modificar a tipoloxía das probas programadas, os criterios de avaliación, nin a ponderación destes na nota final.

* Probas pendentes que se manteñen
Todas as probas propostas na guía docente para as vindeiras convocatorias, mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia, para o curso 2020-21.
Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, se manteñen, tanto para o alumnado asistente, coma para o non asistente.
Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero sí no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos.
Así, no caso de estar nunha situación de ensinanza mixta ou semipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. Se non fose posible facelas presencialmente, combinaríase a modalidade presencial coa virtual, ou realizaríanse exclusivamente de forma virtual.
Se a situación é de ensinanza a distancia, todas as probas de avaliación realizaranse de modo virtual.

* Probas que se modifican
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións nas probas de avaliación previamente programadas para curso 2019-20. A única modificación, como xa se mencionou no apartado anterior, podería darse con relación á modalidade de avaliación: presencial e/ou virtual, dependendo do escenario sanitario no que se leve a cabo a docencia.

* Novas probas
Non se prevén novas probas de avaliación.
* Información adicional

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000