Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Conceptualización e identificación do obxecto de estudo das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. |
B2 |
Coñecemento e comprensión da literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte. |
B3 |
Coñecemento e compresión dos factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e o deporte. |
B4 |
Coñecemento e comprensión dos factores comportamentales e sociais que condicionan a práctica da actividade física e o deporte. |
B10 |
Coñecemento e comprensión dos fundamentos do deporte. |
B11 |
Coñecemento e comprensión dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional. |
B12 |
Aplicación das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. |
B13 |
Hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional. |
B14 |
Manexo da información científica básica aplicada á actividade física e ao deporte nas súas diferentes manifestacións. |
B15 |
Capacidade para deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino- aprendizaxe relativos á actividade física e do deporte, con atención ás características individuais e contextuais das persoas. |
B17 |
Capacidade para planificar, desenvolver e controlar o proceso de adestramento nos seus distintos niveis. |
B18 |
Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentales e sociais, aos diferentes campos da actividade física e o deporte. |
B21 |
Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de programas de actividades físicodeportivas. |
B23 |
Capacidade para seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo axeitado para cada tipo de actividade. |
B24 |
Actuación dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional. |
B25 |
Habilidade de liderado, capacidade de relación interpersoal e traballo en equipo. |
B26 |
Adaptación a novas situacións, a resolución de problemas e a aprendizaxe autónoma. |
C1 |
Capacidade para deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino-aprendizaxe relativos á actividade física e ao deporte con atención ás características individuais e contextuais das persoas |
C5 |
Capacidade para planificar, desenvolver e avaliar a realización de programas de deporte e actividade física escolar |
C6 |
Capacidade para seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade nos procesos de ensino-aprendizaxe a través da actividade física e do deporte |
C7 |
Capacidade para planificar, desenvolver e controlar o proceso de adestramento nos seus distintos niveis |
C8 |
Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, durante o proceso do adestramento deportivo |
C9 |
Capacidade para promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica actividade físico-deportiva na poboación que realiza adestramento deportivo |
C10 |
Capacidade para identificar os riscos, que se derivan para a saúde dos deportistas, da práctica de actividades físicas inadecuadas no contexto do adestramento deportivo |
C11 |
Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de programas de adestramento deportivo |
C12 |
Capacidade para seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo, adecuado para cada tipo de actividade de adestramento deportivo |