Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Emprendemento e innovación nas ciencias do deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba obxectiva (test) de 20 preguntas con 4 opcións de resposta realizada no campus remoto, en modo de navegación secuencial con asignación aleatoria de preguntas. Cada resposta correcta suma 0.5 puntos e para eliminar o efecto do azar, cada resposta incorrecta resta 0.16.
Para superar a proba será necesaria unha puntuación mínima de 5.0 puntos.
35 B12
B25
B26
C19
C20
C21
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado resolverá unha serie de problemas/exercicios a través do TIC de forma autónoma e non presencial seguindo as indicacións do profesor. Os exercicios deberán estar cumprimentados e entregados en dentro do prazo establecido. 20 B12
B25
B26
C19
C20
C21
Proxecto O alumnado en grupos de 3 estudantes, elaborará en modo colaborativo un WordPress (https://é.wordpress.com) sobre un aspecto específico do temática obxecto de estudo da materia, seguindo as indicacións do profesor, que deberá estar activo dentro do prazo establecido. 45 B12
B25
B26
C19
C20
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª Convocatoria (decembro-xaneiro)

  • Establécese un sistema de avaliación continua de maneira que a calificación final da materia resultara da ponderación dos 3 apartados da avaliación. Será requisito imprescindible para superar a materia ter aprobadas o tres partes (máximo de 5 puntos sobre 10). O alumnado que non supere algún dos 3 apartados da avaliación obterá unha calificación final de suspenso. 
2ª  Convocatoria (xuño-xullo) e seguintes:

  • O 100% da calificación de materia dependerá da realización dun exame tipo test de 50 preguntas e 4 opcións de resposta no campus remoto. Cada resposta correcta suma 0.2 puntos e para eliminar o efecto do azar cada resposta incorrecta resta 0.06. 
  • Para superar a materia será necesaria unha puntuación mínima de 6.5 puntos sobre 10.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000