Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Microensino: Programación e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte.
Os criterios son:
- Entregar o borrador da sesión e a memoria final no prazo establecido.
- Desenvolver o traballo cumprindo os requisitos formais e de contido esixidos.
- Levar á práctica a sesión deseñada.
- Asistir a dúas titorías para a revisión previa da sesión e a clase onde se explica o método correspondente a esa sesión.
- Deseñar e explicitar tarefas cumprindo os criterios solicitados (aplicación de métodos específicos).
- Obrigatorio para todo o alumnado.
30 B1
B2
B11
B12
B13
B15
B16
B18
B20
B21
B23
B25
B26
Seminario Asistencia en grupo as titorías para a supervisión e discusión do traballo tutelado.
- O alumnado debe asistir as titorías coas tarefas de control realizadas que se explicitan no guión do traballo.
- Só se cualificará ao alumnado que asista.
10 B2
B11
B12
B25
B26
Estudo de casos Asistencia e participación activa na reflexión e análise didáctica que se realizará da sesión práctica desenvolvida na clase B. Execución e entrega das tarefas propostas. Participación nas tarefas de avaliación. 5 B12
B13
B15
B20
B25
B26
Obradoiro Desenvolvemento dunha intervención didáctica en grupo. O alumnado asumirá a docencia dun mínimo dunha actividade de ensino-aprendizaxe.
Os criterios son:
- Organizar a fase pre-activa.
- Xestionar axeitadamente os recursos materiais e espaciais durante o desenvolvemento da sesión.
- Implementar estratexias de disciplina e participación pasiva.
- Desenvolver a fase reflexiva con criterios didácticos.
- Adoptar unha actitude docente positiva.
- Organizar e desenvolver a fase post-activa xunto co alumnado (reflexión e análise da sesión).
5 B11
B23
B25
B26
Prácticas de laboratorio Control da participación nas clase de laboratorio.
-Asistir e participar activa e criticamente no microensino cun mínimo do 80% das prácticas das horas dos grupos B e C.
- Realizar correctamente a observación de habilidades de comunicación e máis a gravación audiovisual.
-A asistencia a máis de un 80% da docencia de aula de créditos B e C eximirá da realización do exame práctico final.
-Este criterio non é de obrigado cumprimento para superar a materia, posto que o alumnado que supere o 20% de faltas poderá acceder á avaliación final mediante una proba dos créditos de laboratorio. Calificación de apto/a ou non apto/a
5 B13
B15
B16
B18
B20
B21
B23
B25
Exame oral Defensa oral do traballo escrito. O alumnado respostará as cuestións realizadas pola profesora sobre á programación da sesión desenvolvida no traballo tutelado.

En casos específicos, mediante negociación previa coa profesora, esta ferramenta de avaliación poderá ser substituída por un exame escrito de desenvolvemento.
45 B1
B2
B11
B13
B15
B16
B18
B20
B21
B23
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario aprobar todas as ferramentas de avaliación para supera-la materia. Manteranse os mesmos criterios para aprobar nas sucesivas convocatorias. Calquera alumno ou alumna matriculado na materia ten a obriga do cumprimento destes requisitos para a obtención dunha cualificación positiva na mesma. Non existe ningunha posibilidade de manter partes da materia aprobadas procedentes de anteriores cursos académicos.

- As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na ligazón http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000