Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Estatística: Metodoloxía da investigación e estatística na actividade física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliación do traballo grupal.

Cada actividade de grupo terá unha nota, que se trasladará aos compoñentes do grupo segundo a súa contribución. Ao final calcularase unha nota media (ponderada, se procede) de
todas as actividades.
20 B2
B11
B12
B13
B25
B26
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame de preguntas curtas e exercicios sobre os conceptos e técnicas expostos e traballados na aula de teoría.

Avalíase a aprendizaxe da metodoloxía sesión maxistral e resolución de problemas e exercicios dos boletíns da aula de teoría.
40 B13
B26
Práctica de laboratorio Os exames de computador serán, tentativamente, 2 e realizaranse na aula de informática:

1. Análise de datos. Parte descritiva.
2. Análise de datos. Parte inferencial.

Avalíase a aprendizaxe das prácticas na aula de informática.

En cada parte práctica, poderase conseguir até un 10% de puntos bonus para sumar á nota do exame pola realización de actividades. O máximo de cada parte práctica (exame + bonus) será 10.
40 B2
B12
B13
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En cada unha das partes prácticas (exame+bonus) necesítase un 5 para calcular o promedio final.
No exame de teoría será necesaria unha nota mínima de 4,5 para calcular o promedio final.

Si algún alumno non traballa sistemáticamente nas actividades de grupo, poderá ser expulsado do mesmo, seguindo un protocolo establecido ao principio de curso.

Na segunda convocatoria repetirase a mesma estrutura de exames que durante o curso, para que cada alumno recupere a parte que lle corresponda.
As actividades de grupo non serán recuperables na convocatoria de xullo.

Dun curso para outro, non se gardarán exames parciais superados ou partes da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000