Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Estatística: Metodoloxía da investigación e estatística na actividade física e o deporte
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerteza e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes con clases síncronas mediante Campus Remoto e apoio da plataforma de teledocencia Faitic.

Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías poderán realizarse por medios telemáticos previa cita.
- Despachos virtuais dos profesores en Campus Remoto:
José Vicente Novegil Souto: Despacho 1765
Mª Carmen Iglesias Pérez: Despacho 1291
-Pedir cita utilizando preferentemente a mensaxería da materia no Faitic
-Habilitaranse foros de dúbidas no Faitic

Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Ningunha

Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Ningunha

Outras modificacións
Ningunha

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

En caso de docencia mixta ou non presencial activarase unha avaliación de tipo continuo, coas seguintes modificacións:

[Exames de prácticas] => [Test e Obradoiros en Faitic]. Peso 40%
[Exame final de teoría] => [Test e Obradoiros en Faitic]. Peso 40%
[Traballo tutelado] Mantense. Peso 20%

Para superar a avaliación continua necesítase a realización do 80% das actividades, tanto de teoría como de práctica, e alcanzar unha nota mínima de 5 en cada parte.

Información adicional

Os alumnos que non cumpran os criterios de avaliación continua realizarán as probas oficiais de primeira e segunda oportunidade.

Probas de teoría:
Consistirá nun examen tipo test sobre conceptos e exercicios.

Probas de prácticas de laboratorio:
Consistirá nun examen tipo test sobre as prácticas propostas, que o alumno deberá realizar e ter dispoñibles no momento do exame.

Para os exames finais utilizarase o Campus remoto e a plataforma Faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000