Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos das actividades de loita
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Asistencia ao 80% das clases de aula.
Quen non cumpra este criterio terá que realizar o exame final.
AVALIACIÓN CONTINUA. DOCENCIA TEÓRICA B7
B10
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B20
B23
B24
B25
B26
Resolución de problemas de forma autónoma Realización do 80% dos exercicios. Quen non asista á clase teórica non terá opción de avaliación continua en devanditos exercicios.
Quen non cumpra este criterio terá que realizar o exame final.
O estudantado realizará en tempo e forma os exercicios asignados semanalmente. Cualificaráselle en base aos resultados obtidos en cada unha dos exercicios (os criterios de cualificación aparecen reflectidos en cada unha das actividades expostas en FAITIC).
AVALIACIÓN CONTINUA. DOCENCIA TEÓRICA B7
B10
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B20
B23
B24
B25
B26
Aprendizaxe colaborativa Realización do 80% dos exercicios. Quen non asista á clase teórica non terá opción de avaliación continua en devanditos exercicios.
Quen non cumpra este criterio terá que realizar o exame final.
O estudantado realizará en tempo e forma os exercicios asignados semanalmente. Cualificaráselle en base aos resultados obtidos en cada unha dos exercicios (os criterios de cualificación aparecen reflectidos en cada unha das actividades expostas en FAITIC).
AVALIACIÓN CONTINUA. DOCENCIA TEÓRICA B7
B10
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B20
B23
B24
B25
B26
Prácticas de laboratorio Asistencia e realización do 80% das prácticas.
Quen non cumpra este criterio terá que realizar o exame final.
AVALIACIÓN CONTINUA. DOCENCIA PRÁCTICA B7
B10
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B20
B23
B24
B25
B26
Seminario Asistencia aos seminarios prácticos no tatami (horas fose da aula). Para o estudantado de AVALIACIÓN CONTINUA AVALIACIÓN CONTINUA. DOCENCIA PRÁCTICA B7
B10
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B20
B23
B24
B25
B26
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test ou verdadeiro/falso.

Para o estudantado que non cumpre os criterios da avaliación continua e que, por tanto, ten que facer o EXAME FINAL.
42 B7
B10
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B20
B23
B24
B25
B26
Práctica de laboratorio Exame oral e práctico no tatami.

Para o estudantado que non cumpre os criterios da avaliación continua e que, por tanto, ten que facer o EXAME FINAL.
58 B7
B10
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B20
B23
B24
B25
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Estudiantado de AVALIACIÓN CONTINUA (criterios para cumprir a avaliación continua):

  • Docencia teórica. Avaliación continua mediante a asistencia ás clases teóricas e realización de forma satisfactoria de todos os exercicios encomendados. O estudantado que realice satisfactoriamente (en tempo e forma) o 80% dos exercicios e asista ao 80% das clases non terá que realizar o exame final. Cualificaráselle en base aos resultados obtidos en cada un dos exercicios (os criterios de cualificación aparecen reflectidos en cada un dos exercicios expostos en FAITIC). A cualificación global deste apartado realizarase de cero a dez. Este apartado suporá un 42% de cualificación final.
  • Docencia práctica. Avaliación continua mediante a ASISTENCIA e REALIZACIÓN das clases prácticas. Ademais haberá que realizar de forma satisfactoria (en tempo e forma) todos os exercicios encomendados. O estudantado que realice satisfactoriamente o 80% dos exercicios e asista e realizado ao 80% das clases non terá que realizar o exame final. Cualificaráselle en base aos resultados obtidos en cada un dos exercicios (os criterios de cualificación aparecen reflectidos en cada unha das actividades expostas en FAITIC) e en base ás clases realizadas. A cualificación global deste apartado realizarase de cero a dez. Este apartado suporá un 58% de cualificación final.

A cualificación final obterase realizando unha media ponderada das dúas partes superadas. No caso de que soamente se supere unha das partes, terá que facer o exame final da parte non superada. A cualificación positiva conservarase unicamente até a seguinte convocatoria de xuño-xullo.

O 80% de asistencia á clase teórica, realización de exercicios ou asistencia ás prácticas non implica o valor total dese apartado de avaliación. Prorratéase a puntuación total do apartado entre o número de asistencias (á teórica e á práctica) e o número de entregas válidas de exercicios.

Estudiantado de EXAME FINAL (para o estudiantado que non cumpre os criterios da avaliación continua):

  • Docencia teórica. A avaliación realizarase mediante unha proba final escrita correspondente aos temas impartidos durante o curso: exame tipo test ou verdadeiro/falso. O estudiantado terá que obter un cinco sobre dez no exame. Esta cualificación suporá o 42% da cualificación global. 
  • Docencia práctica. A avaliación efectuarase mediante unha proba práctica final (exame teórico-práctico oral e no tatami cun compañeiro/a) correspondente aos temas impartidos durante o curso. O estudiantado terá que obter un cinco sobre dez no exame. Esta cualificación suporá o 58% da cualificación global.

A cualificación final obterase realizando unha media ponderada dos dous exames superados. No caso de que soamente se supere un dos dous exames, a cualificación positiva (do exame superado) conservarase unicamente até a seguinte convocatoria de xuño-xullo.

Publicación das cualificacións: As cualificacións de cada convocatoria serán publicadas en FAITIC, onde se indicarán as datas de revisión dos exames.

As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na apartado "Docencia. Exames. Curso 2020-2021".

Aplicaranse os mesmos criterios de avaliación para o RESTO DE CONVOCATORIAS. Se non se supera a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000