Lección maxistral |
Directrices para o desenvolvemento dun proxecto de pintura/debuxo.
Aproximación aos conceptos e recursos do debuxo e a pintura, nos campos fronteirizos entre a tradición e a práctica contemporánea. |
Traballo tutelado |
O traballo de aula/taller é o eixo vertebrador da materia, é a base fundamental no desenvolvemento dun proxecto de pintura e/ou debuxo.
O traballo de aula/taller desenvólvese fundamentalmente en horas presenciais e compleméntase nas horas de traballo autónomo; isto require unha actitude de implicación, constancia e compromiso real do alumno. |