Guia docente 2020_21
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte e espazo social
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen

-Actividades introductorias
-Lección maxistral
-Presentacións

-Traballos tutelados

-Campus remoto e correo electrónico

* Metodoloxías docentes que se modifican

-Ningunha

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

-Campus remoto e correo electrónico


* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

-Non cambian os contidos, pero si o espazo e a forma de impartilos: no caso de decretarse un peche de centros por mor da emerxencia sanitaria, o traballo do taller tería que trasladarse de xeito excepcional ás condicións impostas polo espazo doméstico. O desenvolvemento dos proxectos sería readaptado aos recursos técnicos e materiais dispoñibles para cada persoa. O alumnado traballaría documentando fotográficamente cada paso do proceso de creación e as obras resultantes.
As profesoras farían un seguimento individualizado deste percorrido a través de titorías e presentacións individuais ou grupáis no campus remoto ou por correo-e.


* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

-Toda a bibliografía incluída na guía docente está enfocada a auto-aprendizaxe nas horas de traballo autónomo.


* Outras modificacións

Matéñense as mesmas probas de avaliación e as mesmas porcentaxes:
90% Traballo tutelado (50% seguimento do traballo desenvolvido + 40% Presentación final do proxecto).
10% Asimilación dos contidos das clases maxistrais.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

-Matéñense as mesmas probas de avaliación e as mesmas porcentaxes:
90% Traballo tutelado (50% seguimento do traballo desenvolvido + 40% Presentación final do proxecto).
10% Asimilación dos contidos das clases maxistrais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000