Guia docente 2020_21
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Os aspectos básicos da guía docente serán expostos no aula, así como as actividades que se van a desenvolver ao longo do cuatrimestre co seu calendario correspondente. Propoñerase unha proba curta como diagnóstico de punto de partida e como reflexión dos coñecementos previos que ten o/a alumno/a.
Lección maxistral Cando se inicie cada bloque de contidos, expoñerase cos recursos axeitados a secuencia de traballo. Facilitarase bibliografía específica.
Saídas de estudo Actividades de observación e exploración dos coñecementos tratados na materia nun contexto sociocultural de interese artístico e educativo.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma a través do desenvolvemento dos diferentes exercicios propostos (visionado de videos, mapas conceptuais, lecturas de textos, análise de experiencias artísticas, educativas, exposicións...).
Traballo tutelado O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un traballo centrado no deseño dun recurso/dispositivo didáctico para a ensinanza das artes.
Eventos científicos Conferencias, faladoiros, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por relatores/as do ámbito artístico / educativo que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Cartafol/dossier Recompilación do traballo do/a estudante co obxectivo de amosar o traballo realizado na creación do material didáctico, onde se recollen os progresos e logros. A recompilación debe incluír contidos elixidos polo alumno/a, os criterios de selección e evidencias de autorreflexión.
Debate O debate é unha ferramenta de ensinanza aprendizaxe, xira entorno a unha pregunta ou problemática a analizar polos/as alumnos/as. Durante o mesmo os/as alumnos/as exporán e argumentarán o seu posicionamento que se porá en cuestión para finalmente extraer unhas conclusións.
Mediante esta ferramenta conseguiremos que o/a alumno/a desenvolva distintas competencias cognitivas, de análisis, de expresión en público, argumentativas, etc., ao ter que comunicar e defender os seus coñecementos en público, facendo que este sexa significativo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000