Guia docente 2020_21
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción artística: Imaxe I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

No caso de novos confinamentos que fagan imposible a docencia presencial nesta asignatura:

-Os contidos manteranse.

-As metodoloxías (leccións maxistrais, presentación, traballo titorizado) manteranse tamen, pero os/as alumnos/as traballarán os exercicios nos seus domicilios (cas adaptacións de tamaño e materiais necesarios para que esto sexa posible), e a comunicación establecerase empregando Faitic e o Campus Remoto.

-A avaliación manterase, salvo que en vez dunha corrección presencial correxiranse pdfs que inclúan fotografías das obras que permitan valoralas e os textos solicitados.

As sesións de titorización poderan realizarse por medios telemáticos baixo a modalidade de concertación previa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000