Guia docente 2020_21
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas.
Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
35 B1
B2
C1
C2
C5
C8
C21
Lección maxistral A asistencia ás clases teóricas é fundamental para a correcta asimilación dos contidos da asignatura. 5 B1
C2
C5
C8
C21
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para a avaliación das competencias adquiridas. Ditas probas poden consistir en:
1. Probas de resposta curta, nas que priman a compresión das liñas fundamentais do temario, a contextualización de linguaxes/autores/as, unha expresión conceptual axeitada así como a capacidade para interrelacionar conceptos.
2. Proba de resposta longa. Trátase dun comentario no que, partindo dunha serie de imaxes e palabras clave (relacionadas cos contidos da materia) o/a alumno/a debe redactar un texto respetando a seguinte estructura: Introducción - Desenvolvemento do tema - Conclusión.
Ambas probas forman parte dos exercicios dos seminarios, de tal forma que o alumnado poderá estar familiarizado con ambos formatos antes da realización da proba final.
60 B1
B2
C5
C8
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Arte e Modernidade é unha asignatura impartida pola
profesora Susana Cendán. (scendan@uvigo.es)

A metodoloxía da asignatura
estructúrase en clases teórico/prácticas. As CLASES TEÓRICAS (2 horas á semana)
consisten na exposición oral dunha serie de conceptos apoiados en soportes
audiovisuais cuxo obxectivo é que o alumno alcance puntos de vista propios e
globalizadores sobre os contidos da materia. As introducións teóricas inician
ao alumno no territorio da historia da Arte de forma gradual e ordenada.

A asistencia as clases teóricas é un requisito
imprescindible para a correcta comprensión dos contidos da materia, supoñendo a
mesma un 5% do valor da asignatura.

Desaconséllase o acceso á aula unha vez transcurridos 10
minutos desde o comezo da clase. Asimesmo, prégase puntualidade e a desconexión
dos dispositivos móviles. EN NINGÚN CASO ESTÁ PERMITIDO GRABAR Á PROFESORA NO
TRANSCURSO DA CLASE.

As CLASES PRÁCTICAS ou SEMINARIOS estructúranse en catro
grupos ou seminarios de traballo (P1, P2, P3 e P4) dunha hora de duración. As
clases prácticas amplían e profundizan nos contidos teóricos da asignatura,
permitindo ó alumnado desenvolver análises sobre problemáticas concretas así
como acadar unha participación real e eficaz.

Os contidos das clases prácticas
son hetereoxéneos e varían en función da actualización periódica dos contidos:
lecturas e análise de textos e imaxes, ciclos de cine, exercicios prácticos de
repaso da asignatura, accións artísticas, debates sobre problemáticas
relacionadas coa creatividade, saídas de estudos, exercicios de expresión oral,
 etc.

Para que se contabilicen os exercicios/actividades
realizadas nos SEMINARIOS, é preciso acadar unha participación do 80%.

Prégase a máxima PUNTUALIDADE nos SEMINARIOS. O alumnado que
se incorpore unha vez transcorridos 10 minutos, desde o comezo da práctica, non
se lle permitirá asinar na FOLLA DE FIRMAS.

A formación dos grupos de traballo ten un carácter limitado
no tempo. O primeiro día de clase a profesora indicará o prazo para a
conformación dos grupos.

Sobre as horas de traballo autónomo do alumno. O modelo
educativo do EEES (Espazo Europeo de Educación Superior) aboga por metodoloxías
docentes orientadas a favorecer a aprendizaxe activa do estudante, a súa implicación
e autonomía. A aprendizaxe non comeza e remata no aula. O alumno, como
protagonista do seu proceso de aprendizaxe, debe asumir o papel de actor
principal e actuar consecuentemente, tanto dentro como fora do aula: a súa
formación depende en gran medida do traballo que realiza fora do aula. Así o
contempla o sistema de transferencia de créditos ECTS.

En definitiva, a avaliación da asignatura Arte e Modernidade
conxuga as modalidades que se detallan a continuación:

 1. Unha avaliación
continuada
baseada na asistencia e realización dos exercicios e actividades
propostas aos grupos de traballo no seu correspondente seminario. A perteneza a
un grupo de traballo é inamovible (excepto causas de forza maior que o alumnado comunicará á profesora para a súa valoración). Non se valorará a realización de exercicios
fora do grupo de traballo correspondente. Si a implicación do alumnado nos
grupos de traballo é discontinuo (máis de dúas faltas) non se valorará a súa participación no mesmo. Terase
en conta a puntualidade das entregas dos exercicios nas datas estipuladas. A
falta de puntualidade nas entregas valorarase negativamente. A avaliación
continuada supón un 35% do valor da asignatura.

2. Unha avaliación final formalizada nunha proba de exame de
carácter sumatorio, e cuxo valor supón un 60% do total da asignatura. A
aplicación da presente proba permítelle ao profesor analizar resultados e obter
unha valoración individual das capacidades analíticas, de redacción e expresión
conceptual do alumnado.

ACLARACIÓNS IMPORTANTES:

1. Para que se contabilicen os exercicios/actividades realizadas nos SEMINARIOS (é dicir, para que
éstos fagan media co exame teórico) haberá que sacar un mínimo de 4 puntos na
proba teórica.

2. IMPORTANTE: As convocatorias de xuño/xullo son dúas
convocatorias diferentes. En ningún caso se pode entender a convocatoria de
xullo como unha oportunidade para subir nota.

3. IMPORTANTE: Na convocatoria de xullo (e posteriores
convocatorias) a nota que se valorará será, exclusivamente, a obtida na proba
de exame. NON SE TERÁ EN CONTA A NOTA OBTIDA NOS SEMINARIOS.

DATAS DE EXAMES:

1. Convocatoria de MAIO:

A data do exame fixarase na clase, nos primeiros días do
curso, en función da dispoñibilidade dos grupos e coordinadamente co alumnado.









































2. Convocatoria de XULLO: Por confirmar

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000