Guia docente 2020_21
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión gráfica: Sistemas de representación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
-Actividades introductorias
-Lección maxistral
-Presentacións
-Traballos tutelados

* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Campus remoto e correo electrónico

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non cambian os contidos, pero si o espazo e a forma de impartilos: no caso de decretarse un peche de centros por mor da emerxencia sanitaria, o traballo do taller tería que trasladarse de xeito excepcional ás condicións impostas polo espazo doméstico. O desenvolvemento dos proxectos sería readaptado aos recursos técnicos e materiais dispoñibles para cada persoa. O alumnado traballaría documentando fotográficamente cada paso do proceso de creación e as obras resultantes.
As profesoras farían un seguimento individualizado deste percorrido a través de titorías e presentacións individuais ou grupáis no campus remoto ou por correo-e.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Toda a bibliografía incluída na guía docente está enfocada a auto-aprendizaxe nas horas de traballo autónomo.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Matéñense as mesmas probas de avaliación e as mesmas porcentaxes:



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000