=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican metodoloxías
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Aulas virtuais, foro de Faitic e correo electrónico.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
No caso de docencia semipresencial ou non presencial elimínase o tema LABORATORIO EN BRANCO E NEGRO e incídense nos temas adicados á fotografía eo revelado dixital.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
engádense os seguintes recursos electrónicos
-dzoom.org
-processingraw.com
-Lectures on Digital Photography https://sites.google.com/site/marclevoylectures/
* Outras modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de docencia semipresencial ou non presencial substitúense as probas que precisan da utilización do laboratorio en branco e negro e mais do plató por probas relativas á fotografía dixital consistentes na entrega de exercicios e proxectos a través da plataforma Faitic.
Substitúese a Proba teórico-práctica sobre os contidos da materia prevista para as convocatorias de xuño e xullo pola entrega de exercicios e proxectos suspensos ou non entregados durante o curso.
|