Guia docente 2020_21
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Historia: Historia da arte
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Dado que Historia da arte/Arte actual é unha asignatura teórico-práctica, as medidas que propoñemos ante un eventual e novo “Estado de alarma” serían as siguintes, tendo en conta as metodoloxías precedentes:

1.-Desenvolvemento TEÓRICO dos contidos que atañen ó programa e levamos a cabo en 2 grupos de 2 horas semanáis:
Cada un dos capítulos será exposto usando as aplicacións da Universidade de Vigo, que de cotío xa utilizábamos:
a.-Campus remoto: https://campusremotouvigo.gal/
b.-Faitic (https://faitic.uvigo.es/index.php/es/).
Unha vez concluido cada un dos temas, éstes estarán a disposición dos alumnos con texto e imaxes na segunda plataforma
Non se modificarán os contidos
As titorías serán atendidas a través do correo electrónico do profesor Antón Castro (xacastro@uvigo.es)
A bibliografía adicional entregarase ó alumno ó final de cada tema na mesma plataforma (Faitic)

2.-Desenvolvemento da PARTE PRÁCTICA, que materializamos no tempo dos SEMINARIOS, de 1, 30 horas, en 4 grupos semanáis:
a.-Exposición teórico-practica das metodoloxias que rexirán a confección dos 2 proxectos obrigatorios do cuatrimestre: Faitic.
b.-Proposta e selección individualizada dos proxectos ou traballos que debe elexir cada alumno: Faitic e correo electrónico do profesor.
c.-Seguimento dos proxectos, de maneira individualizada, con cada alumno: correo electrónico do profesor.
d.-Proposta de visitas a mostras e colecciós de museos e galerías de arte, obrigatorias, no territorio da Comunidade Autónoma (2/4 no cuatrimestre) con entrega do resume das mesmas dirixidas ó correo persoal do profesor. Control a través de Faitic e do correo persoal do profesor.
e.-Actualidade internacional, a través das mostras máis suliñables dos territorios galego, español e internacional feita seguindo a devandita plataforma Faitic.

3.-ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN.-
Tal como xa fixéramos no precedente “Estado de alarma” a nota ou resultado final da avalización virá dada en virtude dunha proba cuatrimestral e do traballo desenvolvido, a través dos 2 proxectos propostos e seleccionados por cada alumno. Velaí a proposta e valoración de ámbolos dous elementos de xuicio avaliativo:
a.-Proba final cuatrimestral dos contidos: Proposta polo profesor con texto e imaxes utilizando a aplicación Faitic, que cada alumno deberá remitir ó correo electrónico do profesor, seguindo as instrucción deste. A proba deberá realizarse en 2.30 horas, desde a entrega da mesma, na data e hora indicada no seu momento. A valoración será do 40%.
b.-Avaliacion dos 2 proxectos cuatrimestráis e dos resumes das visitas: 60%.

A data do da proba extraordinaria de xulio será confirmada no seu momento

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000