Valorarase a asistencia e a participación nas sesións.
10
C1 C2 C6
Debate
Terase en consideración a participación, así como o nivel de comprensión dos contidos de cada traballo e a capacidade de verbalización.
10
B15
C36
Traballo tutelado
Valorarase a dedicación e o nivel de implicación en cada traballo, así como a capacidade de aportar solucións creativas. Ademais de valorar capacidades de adaptación do resultado final á formulación inicial proposta, apreciaranse as habilidades adquiridas no manexo formal e conceptual dos materiais e experimentación técnicas.
70
C2 C9 C12 C14 C19 C20 C31 C42
Presentación
Consiste na presentación oral do traballo de aula realizado. Valoraranse as capacidades de expresión oral e de transmisión da proposta. A preparación previa por parte do estudante para cada exposición é esencial.
10
C2 C6 C31 C36
Outros comentarios sobre a Avaliación
A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase principalmente na resolución de traballos e exercicios na aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son factores imprescindibles para superar a materia. En consecuencia, e coa metodoloxía citada, establécese un sistema de avaliación contínua pola que cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación a cada traballo desenvolvido e presentado.
No caso de non superar a materia no prazo normal que marca a convocatoria común, a proba extraordinaria consistirá, polo xeral, na repetición dos exercicios ou, noutros casos, un maior desenvolvemento dos exercicios relacionados coas competencias que non foron acadadas no seu nivel mínimo esixido.
Datas de convocatorias extraordinarias:
http://belasartes.uvigo.es/bbaa/index.php?id=31
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000