Guia docente 2020_21
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión artística: Materia-Cor
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Traballo tutelado. O alumnado realizará traballos similares aos plantexados na docencia presencial, sendo o enunciado modificado dacordo coas características específicas que conleve o seu desenvolvemento de maneira non presencial.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Leccións maxistrais. Sustitúense por sesións teóricas a través do “Campus remoto”, e por documentación escrita e imaxes subidas á plataforma FaiTIC.
Debates/Presentacións. Para a defensa dos seus traballos, o alumnado presentará, xunto coas imáxenes dos mesmos, unha memoria escrita explicativa onde queden clarificados tódolos puntos tratados.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A titorización realizarase, de xeito preferente, por cada profesor/a, mediante o correo electrónico. Aquelas cuestións ou dúbidas que sexan plantexadas de forma xeneralizada polo alumnado serán motivo de tratamento, polo profesorado, dentro das sesións teóricas a través do “Campus remoto”.

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir
Non procede.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Subirase a Faitic a bibliografía complementaria cando sexa precisa.

* Outras modificacións
Ante a imposibilidade do manexo de instrumental de forma colectiva, o alumnado deberá de dispoñer, de xeito individual, dun conxunto de instrumentos básicos (pinceis, lapis, regra e compás, alicates, berbiquí, martelo, cravos, grampadora e grampas, chaves de parafusos, serras, cuter con cóitelas, cordas, arames, pegamentos, cellos, cinta de carrocero) que lle permitan realizar os traballos en calquera momento.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

A avaliación dos distintos traballos será levada a cabo, polo profesorado, ao remitir o alumnado, por correo electrónico o subíndoos a FaiTic, os mesmos, efectuándose os comentarios e apreciacións oportunas a cada un deles.

* Probas xa realizadas
Mantéñense as porcentaxes de avaliación establecidos na guía docente

* Probas pendentes que se manteñen
Memoria do traballo: 30%
Parte práctica do traballo: 70%

* Probas que se modifican
Non procede

* Novas probas
Non procede

* Información adicional
A presentación de traballos de modo virtual será obligatoria, tanto os prácticos como os teóricos, según as propostas do profesorado, mediante o “Campus remoto” ou mediante o correo electrónico e co apoio da plataforma Faitic.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000