Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Comunicación intercultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A asistencia a clase computarase como o 25% da nota final (sendo o 75% restante a cualificación dos 3 traballos de curso). Os alumnos deberán pois asistir a clase coa maior regularidade posible. 25 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B6
B9
C15
C19
D1
D5
D7
D10
Traballo Os alumnos deberán entregar 3 pequenos traballos por escrito (impresos) ao longo do cuadrimestre. As datas de entrega son as seguintes: xoves 25 de febreiro de 2021 (primeiro traballo); xoves 25 de marzo (segundo traballo); e xoves 13 de maio de 2021 (terceiro traballo). Os devanditos traballos estarán directamente baseados na experiencia intercultural persoal, vivida, que cada alumno posúe (e por tanto na reflexión analítica que ela permite, e que iremos pondo a punto en clases), así como nas explicacións teóricas, as lecturas e as prácticas. 75 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B6
B9
C15
C19
D1
D5
D7
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira edición de Actas (xuño de 2021).

A avaliación (continua) realizarase segundo o indicado máis arriba. É obrigatorio entregar os 3 traballos (individuais e por escrito) previstos na avaliación. A nota final calcularase a partir das notas obtidas, aplicando as porcentaxes arriba especificadas.

O alumnado que non satisfacera debidamente as devanditas condicións (asistencia a clase e mais entrega dos 3 traballos escritos), ha ser avaliado mediante un exame escrito, teórico e práctico (incluidas as lecturas obrigatorias) sobre os contidos da materia (e na data, hora e aula oficiais de exames que no seu momento faga públicas esta Facultade).

Recoméndase unha participación activa durante as clases, cousa que deberá traducirse tanto na consulta de dúbidas como nunha actitude participativa nas clases (teóricas e prácticas).

En calquera dos casos, é responsabilidade dos alumnos manterse ó tanto do traballo na materia: datas de entrega dos traballos de curso; lecturas e prácticas para clase entregadas polos profesores (materiais que estes han deixar na fotocopiadora e mais en Faitic); etc.

Segunda edición de Actas (xullo de 2021).

Os alumnos suspensos ou non presentados en xuño, disporán dotra oportunidade a través do examen escrito de xullo (segunda edición de Actas), que ha ter lugar na data, hora e aulas oficialmente previstas no calendario de exames desta Facultade. O exame será teórico e práctico, incluidas as lecturas obrigatorias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000