Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Comunicación intercultural
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Os profesores estarán á disposición dos alumnos para solucionar calquera dificultade coa materia, e moi especialmente en relación coas prácticas de clases. Ditas consultas poderán ser resoltas directamente en clase, ou ben en tutorías, ou ben por correo electrónico.
Probas Descrición
Traballo Os alumnos deberán entregar 3 pequenos traballos por escrito (impresos) ao longo do cuadrimestre. As datas de entrega son as seguintes: xoves 25 de febreiro de 2021 (primeiro traballo); xoves 25 de marzo (segundo traballo); e xoves 13 de maio de 2021 (terceiro traballo). Os devanditos traballos estarán directamente baseados na experiencia intercultural persoal, vivida, que cada alumno posúe (e por tanto na reflexión analítica que ela permite, e que iremos pondo a punto en clases), así como nas explicacións teóricas, as lecturas e as prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000