MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
EN CASO DE REPRODUCIRSE A ALERTA SANITARIA
Manteranse as metodoloxías, os contidos, a avaliación e as titorías (que pasarán a realizarse a través das ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo, especialmente a través de Faitic e do correo electrónico).
Na modalidade mixta, na que unha parte do estudantado permanecerá na clase, seguindo o resto do estudantado as clases dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono dependendo da ferramenta que mellor se adapte a cada unha, as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, adaptando os grupos e quendas para cumprir coa normativa sanitaria. |