Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Lingua, sociedade e cognición
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A profesora formulará problemas prácticos relacionados coas explicacións desenvolvidas nas leccións maxistrais e o alumnado deberá buscar as solucións correctas. Unha parte desta metodoloxía realizarase en clase e outra parte de forma autónoma. 25 A3
C5
D1
D7
Estudo previo Tarefa individual de descrición e comentario dun texto da lingua materna, ou ben de procura e análise de fontes documentais. Será programado e supervisado pola profesora. 50 A3
B9
C5
D1
D6
D7
D8
Exame de preguntas obxectivas Proba de preguntas curtas na que se buscará que o alumnado demostre que comprendeu os conceptos básicos. Buscaranse na medida do posible exemplos prácticos máis que definicións teóricas. 25 A3
C5
D1
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá unha segunda oportunidade, nos meses de xuño e xullo, para o alumnado que non consiga superar a materia. Nela, as porcentaxes da avaliación serán as mesmas, de tal xeito que se haberá de entregar quince días antes do exame a proba ou probas de avaliación que non se superaron (resolución de problemas e/ou estudo previo) ou, no seu caso, haberá de facerse o exame.


Se se detectase copia nunha proba de avaliación se anulará o exercicio, e a calificación da proba será 0. 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000