Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Lingua, sociedade e cognición
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Mantéñense as metodoloxías docentes, as titorías e as probas de avaliación segundo están previstas na guía docente, coa única modificación que resulta de que se farían mediante as ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico, Faitic).

Na modalidade mixta, na que unha parte do estudantado permanecerá na clase, seguindo o resto do estudantado as clases dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono dependendo da ferramenta que mellor se adapte a cada unha, as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, adaptando os grupos e quendas para cumprir coa normativa sanitaria.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000