Trátase de familiarizar ao alumnado co campo do bilingüismo e da educación bilingüe, así como coas numerosas ramificacións que o fenómeno do bilingüismo (incluíndo o plurilingüismo e o multilingüismo) posúe na vida cotiá da maior parte da poboación mundial.
Os contidos, as prácticas e as lecturas estarán orientadas a capacitar ao alumnado para unha análise reflexiva da súa propia experiencia bilingüe (persoal, familiar, educativa, de parella, etc.) e a da súa contorna; tanto no seu país de orixe como a través da súa experiencia como aprendiz de linguas (L2, L3, L4, etc.) e, no caso concreto da súa estancia en Vigo, como aprendiz de español nunha situación de inmersión cultural.
As pequenas tarefas de investigación desenvolvidas, contribuirán á sensibilización respecto das implicacións comunicativas, emocionais, identitarias, culturais e educativas que posúe un fenómeno de alcance crecente no mundo.