Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Bilingüismo e educación bilingüe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A asistencia e participación activa en clases computarase como o 25% da nota final (sendo o 75% restante a cualificación dos 3 traballos escritos de curso). Os alumnos deberán pois asistir a clase coa maior regularidade posible. 25 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B6
B9
C5
C15
C19
D1
D5
D7
D8
D10
Traballo Os alumnos deberán entregar 3 pequenos traballos por escrito (impresos) ao longo do cuadrimestre. As datas de entrega son as seguintes: 19 de outubro (primeiro traballo); 16 de novembro (2º traballo); e 10 de decembro (3º traballo) de 2020.
Os devanditos traballos estarán directamente baseados na experiencia persoal que cada alumno posúe con linguas e culturas (e por tanto na reflexión analítica que tal experiencia permite, e que iremos pondo a punto en clase), así como nas explicacións teóricas e nas prácticas realizadas en clases.
75 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B6
B9
C5
C15
C19
D1
D5
D7
D8
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira edición de Actas (xaneiro de 2021).

A avaliación (continua) realizarase segundo o detallado máis arriba. É obrigatorio entregar os 3 traballos (individuais e por escrito) previstos na avaliación. A nota final calcularase a partir das notas obtidas, aplicando as porcentaxes especificadas. O alumnado que non satisfacera debidamente as devanditas condicións (asistencia a clases e mais entrega de 3 traballos) nesta primeira edición de Actas (xaneiro de 2021), ha ser avaliado na segunda edición de Actas (xullo de 2021) mediante un exame baseado nos contidos da materia.

Recoméndase unha participación activa no desenvolvemento das clases, cousa que se traduce tanto na consulta de dúbidas coma nunha actitude participativa durante as clases -teóricas e prácticas- participación que se espera particularmente intensa.

En calquera dos casos, é responsabilidade do alumno manterse ó tanto do traballo na materia: datas de entrega dos 3 traballos de curso; lecturas e prácticas para clase entregados polo profesor (materiais que este ha deixar na fotocopiadora e mais en Faitic), etc.

Segunda edición de Actas (xullo de 2021).

O exame correspondente á segunda edición de Actas (xullo de 2021) ha ter lugar na data, hora e aula do calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade, e nel a avaliación levarase a cabo mediante un exame (teórico e práctico, incluidas as lecturas obrigatorias) sobre os contidos da materia. Naturalmente, só terán que presentarse a este exame aqueles alumnos que no teñan realizado un traballo abondo durante o curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000