Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Bilingüismo e educación bilingüe
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O profesor estará a disposición dos alumnos (sexa en clase, sexa en titorías, ou vía electrónica) para solucionar calquera dificultade en relación coa materia, moi especialmente en relación coas prácticas de clase.
Probas Descrición
Traballo Os alumnos deberán entregar 3 pequenos traballos por escrito (impresos) ao longo do cuadrimestre. As datas de entrega son as seguintes: 19 de outubro (primeiro traballo); 16 de novembro (2º traballo); e 10 de decembro (3º traballo) de 2020. Os devanditos traballos estarán directamente baseados na experiencia persoal, vivida, que cada alumno posúe con linguas e culturas (e por tanto na reflexión analítica que ela permite, e que iremos pondo a punto en clase), así como nas explicacións teóricas e nas prácticas realizadas en clases.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000