Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Bilingüismo e educación bilingüe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos Realizaranse prácticas en clases, en relación cos contidos do temario. Ditas prácticas servirán como base para a posterior realización en casa por parte dos alumnos, dos 3 pequenos traballos de curso que deberán entregar por escrito.
Lección maxistral Explicaranse os contidos do temario e lanzaranse problemas ao aire para pensar colectivamente sobre eles, fomentando en todos os casos a participación directa dos alumnos e a exposición das súas experiencias bilingües e biculturais particulares (e iso en todos os temas da materia). A devandita diversidade de experiencias será utilizada como ferramenta constante de reflexión a medida que se expliquen os contidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000