Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Atención de enfermaría nas emerxencias e catástrofes
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Manteranse as mismas metodoloxías docentes en función da situación de presencialidade que se permita, usando como soporte as videoconferencias nos casos nos que nos podan estar presentes na aula todo o alumnado.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): realizaranse a través de Faitic, correo electrónico ou aula virtual según conveña.

Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: poderanse ver reducidos o temas a tratar nos seminarios se a situación obliga a que os seminarios presenciais sexan realizados con un número moi pequeno de alumnos.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Se a situación de excepcionalidades impide facer os exámenes de forma presencial éstes faranse a través da plataforma FAITIC. A porcentaxe que suporá na calificación cada un dos apartados mantense igual ca nos exámenes presenciais. Poderíase en algún caso valorar a posibilidade de facer algún examen oral por videoconferencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000