Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas III
   Plan de Continxencias
 
Descrición

A lexislación vixente conforma a profesión de Enfermeira/o como profesión regulada cuxo exercicio, de acordo co disposto no artigo 12.9 do Real Decreto 1393/2007, no que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, require da posesión do correspondente título oficial de Grao, obtido conforme ás condicións establecidas polo Goberno no Acordo de Consello de Ministros do 8 de febreiro de 2008, publicado no Boletín Oficial do Estado do 27 de febreiro de 2008.

Na orden CIN/2134/2008, de 3 de xullo, establécense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión de Enfermeira/o.

Como o título de Graduada/o en Enfermería pola UVigo é presencial e habilita para o exercicio dunha profesión regulada, no relativo ás prácticas clínicas, considérase imprescindible a formación presencial nos centros sanitarios de referencia o que non pode ser modificado sen a pertinente instrución específica das autoridades competentes. A realización de prácticas clínicas presenciais é un condicionante para que poidan ser avaliadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000