Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría en saúde mental
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
- Metodoloxías docentes: o desenvolvemento docente trasládase da aula física á aula virtual (Campus remoto/Faitic), pero mantendo a metodoloxía docente.

- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías): a través do despacho virtual, previa cita a través de email.

- Bibliografía: mantense as recomendacións bibliográficas.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

I. SEMINARIOS (40% cualificación total da materia):
A asistencia aos seminarios virtuais é obrigatoria, cando menos no 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o alumna/o pasará a ser avaliado segundo os criterios establecidos para a "modalidade non presencial”.

A avaliación presencial virtual de seminarios será:

I.1º. Avaliación continua (10%): Esta avaliación farase ao longo do cuadrimestre no que se imparte a materia, mediante a observación da participación e implicación do alumnado nos temas expostos na aula virtual.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Será preciso superar esta parte da materia, para poder superar toda a materia.

I.2º. Exame de preguntas obxectivas mediante Faitic/moodle (proba tipo test), con varias opcións de resposta, sendo só unha delas certa dos temas expostos en seminarios (30%).
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non restan puntuación.Tempo limitado.
Para superar o exame, será preciso acadar o 60% da puntuación total máxima posible deste apartado: (60% da puntuación total máxima posible= 5 puntos sobre 10).

Será preciso superar esta parte da materia, para poder superar toda a materia.

II. EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO (50% da cualificación total da materia):
Exame oral virtual de preguntas de desenvolvemento, a través do campus remoto (aula virtual/despacho virtual).
O alumnado realizará un exame oral do contido da materia, consistirá en dúas preguntas de desenvolvemento. Imprescindible superar cada unha das preguntas propostas para ppoder superar a materia.
Será preciso superar esta parte da materia, para poder superar toda a materia.

III. TRABALLO (10% da cualificación total da materia):
Neste apartado avaliarase a elaboración e exposición en aula virtual dun traballo en equipo, dos temas propostos nas clases.
As instrución de elaboración e de exposición do mesmo, daranse ao comenzo do cuadrimestre e publicaránse posteriormente en faitic.
A calificación para ser apto será de 5 ou máis puntos sobre 10.

Será preciso que todo o alumnado matriculado na materia supere este apartado da materia, para poder superar a asignatura.

AVALIACIÓN NON PRESENCIAL DOS SEMINARIOS (40% puntuación, do total da materia):
As/os alumnas/os que teñan unha asistencia aos seminarios virtuais inferior ó 90%, terán que realizar un exame oral virtual de preguntas de desenvolvemento, a través do campus remoto (aula virtual/despacho virtual).
O exame oral virtual do contido da materia de seminarios, consistirá en dúas preguntas de desenvolvemento no que será imprescindible superar con éxito o 50% dos contidos de cada unha das preguntas propostas.

2ª EDICIÓN ORDINARIA:
O alumnado que teña suspensa/s algunha das partes da avaliación citadas, na súa 1ª edición, deberá presentarse nesta 2ª edición a parte que teña pendente segundo sexa alumnado presencial ou non presencial no relativo a parte de seminarios.
As condicións de avaliación son as mesmas que na 1ª edición virtual.

CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA VIRTUAL:
O alumnado que se presente a esta convocatoria, deberá superar un exame oral virtual, consistirá en dúas preguntas de desenvolvemento. Imprescindible superar con éxito o 50% dos contidos de cada unha das preguntas propostas.
Neste exame avaliaranse os contidos teóricos, expostos nas clases maxistrais, nos seminarios e nos traballos propostos e expostos na clase polo alumnado, en relación aos contidos propios da materia.

DATAS EXAME:
As datas serán as que figuran aprobadas e publicadas na web e taboleiros da Escola.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000