2ª EDICIÓN ORDINARIA: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes soamente poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar o relativo á avaliación do estudo de casos e/ou o cartafol/dossier, segundo corresponda. Asimesmo nesta 2ª edición soamente se poderán recuperar ausencias ata un máximo de dez xornadas, segundo o recollido na Guía de Prácticas Clínicas, e sempre que haxa dispoñibilidade no Centro Sanitario de referencia. Para o estudo de caso, o alumnado ten 2 alternativas: - Presentar o mesmo caso clínico da edición anterior, modificado e corrixido. A nota máxima a acadar será un 5. - Presentar un novo caso clínico, é dicir un traballo distinto ao da edición anterior. A nota máxima a acadar será un 10. Entrega do Cartafol/dossier e estudo caso: consultar datas a través da plataforma FAITIC. É imprescindible aprobar cada parte, para poder superar a materia. OUTROS COMENTARIOS:
- Importante que o documento de asistencia a prácticas clínicas, recolla tanto a asistencia coma as faltas/ausencias, para a súa posterior recuperación e a súa entrega en tempo e en forma na Escola.
- No caso de non poder acudir por motivos xustificados e documentados a unidade de prácticas clínicas, o alumnado avisará por correo electrónico ao profesorado da materia (PracticasClinicas.enfermaria.ourense@sergas.es), con COPIA á supervisora da unidade de rotación.
- A asistencia a prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias serán recuperadas segundo establece a Normativa de Prácticas Clínicas do Centro.
- É obrigatorio subir á plataforma FAITIC no apartado "usuarios" unha foto que permita a identificación da/o alumna/o |