Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A avaliación da parte de seminarios da materia, contará con dous apartados:

1º. Avaliación continuada dos seminarios.

Esta avaliación farase ao longo do cuadrimestre no que se imparte a materia, mediante a observación das habilidades e destrezas mostradas polo alumnado durante os seminarios, así coma a súa participación nos temas expostos na aula.

A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.

Será preciso superar esta parte dos seminarios, para poder superar a materia.

Esta avaliación suporá o 20% da puntuación total da materia.

A asistencia aos seminarios é obrigatoria, mínimo o 90% do total das horas asignadas, no caso contrario, o alumnado pasará a ser avaliado segundo os criterios establecidos para a "modalidade non presencial dos seminarios”.


2º. Traballo en materia de violencia de xénero.

O alumnado deberá facer este traballo en grupo, segundo os criterios que se indiquen oportunamente ao inicio do curso. A exposición e defensa do mesmo, será na aula, nas datas previamente marcadas. Avaliarase individualmente a cada un dos participantes do grupo de traballo.

A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.

Será preciso superar esta parte dos seminarios, para poder superar a materia.

Esta avaliación suporá o 20% da puntuación total da materia.

Para poder superar esta parte de seminarios da materia, será preciso superar a avaliación continuada e a exposición e defensa do traballo, o que suporá no total, o 40% da puntuación total da materia.

40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C34
C35
C36
C37
C38
C39
C40
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
Exame de preguntas obxectivas Neste apartado avaliarase o contido teórico da materia, tanto a parte de materno como a de pediatría, mediante a realización dun exame de preguntas obxectivas (tipo test), con varias opcións de resposta, sendo só unha destas certa.

Dita proba, farase na data marcada no calendario oficial académico.

A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E, acertos-erros).
As preguntas en branco, non restan puntuación.

A cualificación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.

É preciso superar esta parte, para poder superar a materia.

Esta avaliación suporá o 60% da puntuación total da materia.





60 C34
C35
C36
C37
C38
C39
C40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Modalidade
non presencial dos seminarios
.


A
esta modalidade, poderase acoller o alumnado que con causa
debidamente xustificada, non lle sexa posible asistir ao 90% do total
de horas asignadas para os seminarios, para o cal deberá ao inicio
do cuadrimestre no que se imparte a materia (na 1ª semana),
comunicar a profesora responsable da mesma, mediante solicitude por
escrito, a súa petición para a "modalidade non presencial",
indicando cal é a causa que impide a súa asistencia a ditos
seminarios.


No
caso do alumnado que por diferentes motivos, aínda asistindo a algún
seminario, non chegue a acadar a asistencia establecida do 90%,
pasará igualmente a esta "modalidade non presencial dos
seminarios".


Avaliación
da modalidade non presencial dos seminarios
.


1º.
O alumnado terá que facer unha proba práctica na aula, en relación
aos contidos impartidos nos seminarios da materia.


Dita
proba farase na data marcada no calendario oficial académico, para a
1ª edición ordinaria.


A
puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos
sobre 10.


Esta
avaliación suporá o 20% da puntuación total da materia.


2º.
O alumnado terá que facer un traballo individual ou en grupo, en
materia de "violencia de xénero", segundo os criterios que
se indiquen oportunamente ao inicio do cuadrimestre.


Dito
traballo será exposto e defendido na aula, nas datas previamente
marcadas.


No
caso de que o alumnado faga o traballo en grupo, será cualificado
individualmente.


A
puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos
sobre 10.


Esta
avaliación suporá o 20% da puntuación total da materia.


É
preciso superar estas dúas probas de avaliación, para poder superar
a parte de seminarios da materia; o que suporá no total, o 40% da puntuación total da materia.


3º.
O alumnado nesta modalidade, terá que facer de igual xeito, o exame
de preguntas obxectivas (tipo test), segundo os criterios antes
indicados para a modalidade presencial. Esta avaliación suporá o
60% da puntuación total da materia.




edición ordinaria (xullo)
.


A
esta convocatoria deberá presentarse o alumnado que non teña
superada algunha/s das partes correspondentes a esta materia:


.-
No caso de non ter feito ou superado o exame de preguntas obxectivas
(tipo test), o alumnado deberá facelo cumprindo con os mesmos
criterios establecidos para a 1ª edición ordinaria. Dita proba
farase na data marcada no calendario oficial académico, para a 2ª
edición ordinaria.


.-
No caso de non ter superada a avaliación continuada (modalidade
presencial) ou non ter feita ou superada a proba práctica
correspondente a parte de seminarios da materia (modalidade non
presencial dos seminarios), o alumnado deberá facer unha proba práctica na aula,
en relación aos contidos impartidos nos seminarios da
materia, e cumprir con os mesmos criterios de avaliación
establecidos para a 1ª edición ordinaria (modalidade non presencial
dos seminarios). Esta proba práctica farase na data marcada no
calendario oficial académico, para a 2ª edición ordinaria.


.-
No caso de non ter feito ou superado o traballo en materia de
"violencia e xénero", o alumnado deberá facelo segundo
os criterios establecidos para a súa realización e deberá
cumprir con os mesmos criterios de avaliación establecidos, para a
1ª edición ordinaria, tendo como prazo máximo para a entrega deste
traballo, o dia antes da data marcada no calendario oficial
académico, para realizar as probas de avaliación desta materia na
2ª edición ordinaria.


Para
superar a materia nesta 2ª edición ordinaria,
será preciso superar as dúas
partes dos seminarios (proba práctica e traballo) e o exame
de preguntas obxectivas (tipo test).


Convocatoria
de Fin de carreira
.


O
alumnado poderá presentarse a esta convocatoria de fin de carreira
(previa matrícula específica para esta convocatoria) na que
prevalecerán os mesmos criterios de realización e de avaliación
indicados para a 1ª e 2ª edición ordinaria.


As
probas de avaliación correspondentes, faranse na data indicada no
calendario oficial académico para esta convocatoria de “fin de
carreira”.


Outros
comentarios
.


As
datas oficiais para a realización das probas de avaliación desta
materia, nas súas dúas edicións, serán as marcadas no calendario
oficial académico da UVigo. Ditas datas estarán disponibles para o
alumnado tanto na páxina web da Escola coma no taboleiro de
información para o alumnado no centro.


*A
data de revisión
das probas de avaliación nas súas
diferentes convocatorias, serán comunicadas oportunamente por parte
da profesora da materia, no momento da publicación da lista de
cualificacións provisionais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000