Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo, establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen, atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado, a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen.
No caso dos seminarios, será de igual xeito obrigatorio asistir ao 90% do total de horas asignadas para os mesmos, ainda que éstes sexan impartidos de xeito virtual. O alumnado que non cumpra este criterio, pasará a ser avaliado segundo os criterios establecidos para a modalidade non presencial dos seminarios.

Continuarase utilizando a plataforma Faitic da UVigo, para disponibilizar ao alumnado, a documentación necesaria en relación aos contidos da materia, tanto da parte teórica coma da parte práctica/seminarios.

* Metodoloxías docentes que se modifican.
No caso de non ser posible impartir a docencia (tanto teórica coma práctica/seminarios) de modo presencial, de xeito total ou parcial e polo tempo que sexa preciso, utilizarase a aula virtual do Campus Remoto da UVigo, para impartir dita docencia de modo virtual, nos horarios que se establezan e previo aviso en tempo e forma ao alumnado matriculado na materia.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías).
A atención personalizada co alumnado por parte da profesora da materia, farase a través do correo electrónico, do Faitic, así coma no despacho virtual do Campus Remoto da Uvigo (se fose preciso) previa cita.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de que non sexa posible facer a avaliación da materia de modo presencial (tanto da parte teórica coma da parte práctica/seminarios) e nas edicións que correspondan, dita avaliación farase do seguinte xeito:

• Avaliación da parte teórica da materia. Será mediante a realización dun exame virtual de preguntas obxectivas (tipo test), a través da plataforma Faitic-Moodle da UVigo.
Os criterios marcados para esta avaliación, serán iguais aos indicados no caso de que a avaliación fose presencial. Proba tipo test, con varias opcións de resposta, sendo só unha destas certa, a fórmula a aplicar será a de (A-E, acertos-erros), as preguntas en branco non restan puntuación, a puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10, é será preciso superar esta parte, para poder superar a materia.
A puntuación obtida nesta parte, suporá o 60% da puntuación total da materia.

• Avaliación da parte de seminarios da materia. Será tanto para o alumnado da modalidade presencial coma o da non presencial dos seminarios, do seguinte xeito:

.- Avaliación continuada dos seminarios. Ésta farase mediante unha proba virtual de supostos prácticos, a través da plataforma Faitic-Moodle da UVigo.
Os criterios marcados para esta avaliación serán iguais aos indicados no caso de que a avaliación fose presencial en canto a que, a puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10 e que será preciso superar esta avaliación, para poder superar a parte dos seminarios así como para poder superar materia.
A puntuación obtida nesta parte, suporá o 20% da puntuación total da materia.

.- Realización dun traballo en materia de violencia de xénero. Éste deberá ser feito individualmente ou en grupo (dependendo do momento no que entren en vigor as medidas excepcionais) e segundo a normativa indicada en tempo e forma ao alumnado. A única excepción neste caso é que o traballo non será exposto presencialmente na aula.
Os criterios marcados para esta avaliación serán iguais aos indicados no caso de que a avaliación fose presencial. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Será preciso superar esta parte, para poder superar a parte dos seminarios así como para poder superar a materia.
A puntuación obtida nesta parte, suporá o 20% da puntuación total da materia.

* Información adicional.
Os criterios de avaliación para poder superar a materia, serán iguais aos establecidos no caso de que a docencia fose presencial, polo tanto para poder superar a materia, será preciso, superar as tres partes da mesma: exame de preguntas obxectivas (tipo test), proba de supostos prácticos dos seminarios e o traballo en materia de violencia de xénero.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000