Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica III
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Manteranse as mismas metodoloxías docentes en función da situación de presencialidade que se permita, usando como soporte as videoconferencias nos casos nos que nos podan estar presentes na aula todo o alumnado.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): realizaranse a través de Faitic, correo electrónico ou sala de profesores virtual do campus remoto según conveña.

Inda que os contidos non se modificarán, poderanse ver reducidos os temas a tratar nas clases maxistrais, e utilizar outro tipo de metodoloxías (clases virtuais, videos, guías…) se a situación obliga a que os seminarios presenciais sexan realizados cun número moi pequeno de alumnos.



=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Se a situación de excepcionalidade impide facer os exámenes de forma presencial éstes faranse a través da plataforma FAITIC. A avaliación realizarase cunha proba tipo test. Nesta proba incluiranse preguntas sobre os contidos da parte teórica (nun 60%) e sobre a parte de seminarios (nun 30%). No exame indicarase se restan as respostas incorrectas e en qué porcentaxe. O 10% restante da nota recaerá na realización de estudios de casos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000