Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Xestión de enfermaría
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo, establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen, atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado, a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen, se colgaran na plataforma de FAITIC os distintos temas.

* Metodoloxías docentes que se modifican, no caso de non poder ter clases presenciales o alumnado estudaría os temas colgados na plataforma e solventaría as dúbidas por vía telefónica ou por email co profesorado.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías), a través de teléfono ou por correo electrónico co profesorado da materia.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de que o exame tipo test nesas datas non se tivera realizado cambiaríase por un traballo individual dun dos temas, o que suporá o 60% da avaliación. Mantense o traballo grupal co mesmo peso na avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000