Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
===MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

Eventos científicos, seminarios e lección maxistral

* Metodoloxías docentes que se modifican

Utilizarase a plataforma FAITIC para a entrega do temario de forma secuenciada así como de documentación que facilite a ampliación do mesmo e as aulas do Campus Remoto para impartir a docencia, os seminarios e realizar as tutorías.
Traballo tutelado. Os alumnos en grupos de 4, elaborarán un traballo relacionado coa temática da materia que será revisado pola profesora até a entrega do documento definitivo. Nota de corte: 5
Resolución de problemas de forma autónoma: Actividade na que se formulan problemas e exercicios relacionados coa materia. Os alumnos deben desenvolver a análise e resolución dos exercicios propostos pola profesora responsable de forma autónoma. Nota de corte: 5


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)

Vía correo-e, a través da plataforma FAITIC e en aula virtual


* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Nutrición en saúde pública http://gesdoc.isciii.es/gesdoccontroller?action=download&ide=11/01/2018-5fc6605fd4
Actividade física en saúde pública http://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1135-57272011000400001

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas pendentes que se manteñen

Mantense o mesmo deseño de probas, utilizando as ferramentas non presenciais postas a disposición (aulas virtuais Campus Remoto e Faitic) e as modalidades do exame escrito non presencial (ben por correo electrónico, Faitic ou cuestionarios e ferramentas de avaliación facilitadas por Moodle, previo coñecemento do alumnado) recollidas no Manual de urxencias para a docencia e a avaliación debido ao Covid-19
Proba Exame preguntas de desenvolvemento: [Peso anterior 60%] [Peso Proposto 50%]. Nota de corte 5
Proba Observación sistemática: [Peso anterior 20%] [Peso Proposto 30%]. Nota de corte 5
Proba Presentación: [Peso anterior 20%] [Peso Proposto 20%]. Nota de corte: 5
É imprescindible aprobar cada unha das partes (exame, observación sistemática e presentación) para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000