Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Farmacoloxía e dietética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A avaliación dos seminarios contará con dous partes que suporán un 40% da nota da materia. Unha parte será avaliación continua ao longo do cuadrimestre que dura a materia e suporá un 20%. Nesta parte valorarase a actitude e participación na aula, así como a resolución dos problemas expostos polo profesor na aula, así como as diferentes probas que se poidan expor.

O outro 20% da nota será examen un tipo test da materia impartida nos seminarios. Cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta.

É imprescindible superar cada unha das partes para facer media, sendo necesario sacar 5 puntos sobre 10 na avaliación continua e 5 puntos sobre 10 no exame de seminarios para poder facer media.

O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia.
É imprescindible a superación da proba de cálculo de dose.

A asistencia aos seminarios é obrigatoria, cando menos no 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o alumna/o, pasará a ser avaliado segundo os criterios establecidos para "a modalidade non
presencial”.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B9
B10
B11
B15
B17
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
Exame de preguntas obxectivas A avaliación da parte teórica realizarase con preguntas tipo test.
Cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta.
Para facer media coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia.
60 C3
C4
C5
C6
C7
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
 Modalidade non presencial de seminarios: 

Si o alumno non pode asistir ao 90% das horas dos seminarios por causa suficientemente xustificada e documentada, o principio do cuadrimestre (nos primeiros 15 días) deberá comunicarllo ao coordinador da materia mediante a solicitude por escrito correspondente, do paso á "modalidade non presencial" (Data límite 25 de Setembro de 2020). No caso daqueles alumnos que por diferentes motivos, e sempre xustificados, aínda asistindo a algún seminario, non consigan a asistencia do 90% das horas dos seminarios , pasarán igualmente á modalidade non presencial.


 A avaliación da modalidade non presencial consistirá na realización dunha proba tipo test en relación aos contidos dos seminarios. Dividiráse en dúas partes, cálculo de dose e o resto da materia impartida nos seminarios. E preciso superar cada unha das partes  sendo necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha delas. Cada tres preguntas falladas descontará unha resposta correcta. A puntuación para ser apto nesta parte da materia será de 5 puntos sobre 10, e suporá un 40% da nota da materia. Será imprescindible superar esta parte para facer media coa nota da proba teórica. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. 

 A avaliación da parte teórica realizaráse con preguntas tipo test. Cada tres preguntas falladas  descontarase unha resposta correcta. Para facer promedio coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. A avaliación da parte teórica suporá un 60% da nota.

 2ª edición:
O alumno que non superou a proba tipo test na primeira edición, deberá realizar de novo unha proba tipo test cos mesmos criterios de avaliación que os descritos para a primeira edición. Cada tres preguntas falladas  descontarase unha resposta correcta. Para facer promedio coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. A avaliación da parte teórica suporá un 60% da nota.

Só gardarase a parte de seminarios até a segunda edición.  

O alumno que non superou a avaliación continua ou a proba tipo test dos seminarios realizará unha proba escrita en relación aos contidos dos seminarios e suporá o 40% da nota. Dividiráse en dúas partes, cálculo de dose e o resto da materia impartida nos seminarios. E preciso superar cada unha das partes  sendo necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha delas. Cada tres preguntas falladas descontará unha resposta correcta. A puntuación para ser apto nesta parte da materia será de 5 puntos sobre 10, e suporá un 40% da nota da materia. Será imprescindible superar esta parte para facer media coa nota da proba teórica. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. 

Convocatoria de fin de carreira:
Todo alumno que non teña superada a materia en anteriores convocatorias, poderá presentarse a esta convocatoria de fin de carreira. Nesta convocatoria o alumno deberá realizar a proba escrita tanto dos seminarios como da materia. Serán dous exames tipo test nos cales cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta. Deberá ter en cada un deles 5 puntos sobre 10 para facer media. Para o computo global, a nota de seminarios corresponderá o 40% da nota e a nota da parte teórica o 60% restante. 

 Outros comentarios:
Será imprescindible, que cada alumno matriculado na materia, sexa repetidor ou non, entregue a ficha do alumno nos primeiros 15 días do curso ao coordinador da materia, para poder realizar a avaliación continua da mesma (Data límite 25 de Setembro de 2020)
As datas oficiais de exame marcadas para esta materia nas edicións correspondentes, poderanse consultar na páxina web así como no taboleiro de anuncios do centro.
Utilizarase a plataforma Faitic, da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente, co alumnado (temario, anuncios, cualificacións, etc) para o cal será necesario, que ao comezo do cuadrimestre, o alumnado revise individualmente, se está correctamente dado de alta na plataforma, para así poder utilizar este servizo.
Para as tutorías será recomendable enviar previamente un correo electrónico á profesora responsable co tema a tratar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000