Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Idioma moderno: Inglés técnico
   Plan de Continxencias
 
Descrición
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS

* Mánteñense as mesmas metodoloxías docentes pero en modalidade non presencial a través do Campus Remoto, FAITIC e correo electrónico.

TITORÍAS

*As sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos no despacho virtual do Campus Remoto baixo a modalidade de concertación previa. Tamén se poderán consultar dúbidas a través do correo electrónico.

CONTIDOS

* Os contidos da materia serán os mesmos que os citados para a modalidade presencial.

BIBLIOGRAFÍA

* A bibliografía empregada será a mesma que a empregada na modalidade presencial.

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

* Probas que se modifican:
O examen de resposta curta e obxectiva pasa a ser un cuestionario tipo test a través da ferramenta FAITIC (suporá o 45% da materia)

* Novas probas:
Ademais do cuestionario haberá que realizar:
-Redacción sobre un tema de enfermería que haberá que entregar a través do correo electrónico. Terán 30 minutos para a realización desta proba. (15% da materia)
-Cuestionario a través da ferramenta FAITIC sobre os textos traducidos. (15%)

* Información adicional

-En caso de ter que aplicar este plan e pasar a modalidade non presencial, os seminarios terán un peso dun 25%, e será obrigatorio entregar a través do correo electrónico exercicios sobre cada un dos temas (o que será equivalente a asistencia na modalidade presencial). Neste 25% inclúese participación, asistencia e presentación en grupo.
-O alumnado que non cumpra ca obriga de entregar os exercicios dos seminarios, terá que facer a maiores un examen oral (vocabulario e expresión oral), a través do Campus Remoto.
-A revisión dos exames realizarase de maneira virtual a través do Campus Remoto.
-Senón está realizada a presentación en grupo, realizarase a través do Campus Remoto.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000