Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Fundamentos de enfermaría
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONALES PLANIFICADAS ===
Ante a posible situación que poida ser provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán polo alumnado e o profesorado a través desta ferramenta DOCNET.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS

Planificación docente: As horas presenciais planificadas que estean pendentes segundo o cronograma semanal da materia preestablecido e coñecido polo alumnado, pasan a realizarse de maneira non presencial pero en aula virtual no campus virtual da Uvigo.
Metodoloxía docente. Mantéñense as previstas na guía normalizada (Lección maxistral) e en relación aos seminarios que se farían normalmente de maneira grupal nestas circunstancias excepcionais pasarían a ser de modo individualizado quedando da seguinte maneira:
Traballo tutelado. O estudante, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia e prepara seminarios
Resolución de problemas de forma autónoma: Actividade na que se formulan problemas e exercicios relacionados coa materia. A/o alumna/o debe desenvolver a análise e resolución dos exercicios de forma autónoma
Tutorías e atención personalizada: Manterían o seu horario habitual e pasarían a facerse de maneira virtual no despacho virtual do profesor (2100) no campus remoto da Uvigo baixo a modalidade de concertación previa. Tamén se utilizaría a vía e-mail.
Contidos: Non varían
Bibliografía: Non varía

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

1ª EDICIÓN ORDINARIA

Mantense o mesmo deseño das probas utilizando as ferramentas non presenciais postas a disposición e as modalidades de exame final escrito non presencial exercicios do Faitic e ferramentas de avaliación soportados por Moodle, previo coñecemento do alumnado, recollidas no Manual de urxencia para a docencia e a avaliación debido ao Covid-19.
Proba tipo test: Farase dunha maneira virtual a través da ferramenta de xestión da aprendizaxe Moodle. Preguntas tipo test con 3 alternativas de resposta e só una delas será a correcta. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado é: A-E onde (A) é o número de acertos e (E) o número de erros, as preguntas non respondidas non restan puntuación. Para facer media co resto da avaliación haberá que ter polo menos 5 puntos sobre 10. O peso anterior desta proba era 60% e pasa ao 50%
Traballo: Neste apartado avaliarase a resolución dun caso práctico para desenvolver o proceso de enfermaría. Devandito exercicio entregarase en tempo e forma na plataforma Tema no apartado de exercicios en formato .PDF. Para facer media cos outros apartados da avaliación terase que obter polo menos 5 puntos sobre 10. O peso anterior desta proba era dun 40% e pasa a un 50%

2ª EDICIÓN ORDINARIA

As probas finais da segunda edición común serán non presenciais no caso que persistan as medidas excepcionais. Mantense o mesmo deseño das probas da primeira edición ordinaria adaptadas pola situación excepcional utilizando as ferramentas non presenciais postas a disposición e as modalidades de exame tipo test non presencial, exercicios no Faitic e ferramentas de avaliación soportados por Moodle, previo coñecemento do alumnado, recollidas no Manual de urxencia para a docencia e a avaliación debido ao Covid-19.
A avaliación farase da seguinte maneira:
A/o alumna/o que non teña superada na 1ª edición ordinaria a parte da teoría, deberá facer un exame de preguntas tipo test co mesmo deseño e características da 1ª edición. A puntuación mínima para ser apto neste apartado será de 5.0 sobre 10. Esta puntuación suporá o 50% do total da materia.
A/o alumna/o que non superase a proba práctica na edición anterior terá que resolver un caso práctico a desenvolver dunha maneira virtual o día marcado do exame, esta proba ten unha cualificación parcial sobre o total da materia do 50%, do mesmo xeito que no apartado anterior para obter a cualificación parcial deberase de ter unha puntuación polo menos de 5 puntos sobre 10.
En ambos os casos para facer a media entre elas deberase superar polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 en cada unha delas

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000