FORMATO DAS PROBAS 1ª edición ordinaria (maio) - Seminarios. Durante os seminarios faranse cuestionarios tipo test, a medida que se van presentando os temas teóricos e resolución, de exercicios prácticos a efectos de avaliar a evaluación continua do alumnado (para aprobar esta parte é preciso ter un 5 sobre 10). - Probas teoricas de resposta curta. Proba que inclúe preguntas pechadas de resposta alternativa combinadas con preguntas de resposta curta relacionadas cos contidos dá materia (cada unha das partes contará 5 puntos). O alumnado debe seleccionar unha resposta de entre un número limitado de posibilidades e responder brevemente ás cuestións formuladas. (En preguntas tipo test, 3 mal restan o valor dunha acertada) (para aprobar esta parte é preciso ter un 5 sobre 10) - Probas prácticas, de execución. Probas de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba que inclúe actividades, problemas ou casos a resolver semellantes aos presentados nas prácticas propostas durante o curso. O alumnado debe responder á actividade proposta apoiándose nos programas estatísticos explicados na clase, plasmando de maneira práctica os coñecementos adquiridos durante a mesma (para aprobar esta parte é preciso ter un 5 sobre 10)
2ª edición ordinaria (xullo) O procedemento de avaliación na convocatoria de Xullo será o mesmo que o empregado na convocatoria de maio. Aos alumnos que teñan completadas as actividades de avaliación continuada durante as clases teórico-prácticas manteráselle esta nota na convocatoria de Xullo.
Modalidade non presencial ALUMNOS QUE NON ASISTAN AOS SEMINARIOS, NON ACADEN A ASISTENCIA OBRIGATORIA DO 90% DO TOTAL DE HORAS; O A QUE O SOLICITE AO INICIO DO CUADRIMESTRE E/OU NON LEVEN A CABO AS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN CONTINUADA OU NON CHEGUEN AO 5 NAS MESMAS Este alumnado, que polos motivos anteriores, non complete a avaliación continuada terá dereito a presentarse aos exames de maio e/ou xullo pero necesitarán ter unha nota de 7 ou superior tanto na proba teórica como práctica para aprobar a materia.
Fin de carreira O alumnado que o precise terá dereito a presentarse á convocatoria de fin de carreira (meses de outubro ou novembro). O formato desta proba será o mesmo que nas convocatorias de maio e xullo. A proba consistirá nunha parte teórica de preguntas test e de resposta curta e unha parte práctica de resolución de problemas.
DATAS EXAMES Serán nas datas acordadas pola xunta de escola e publicadas na web: |