Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Bioquímica: Bioquímica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Tanto para os seminarios como para a parte teórica, o profesorado utilizará a plataforma FAITIC, para colgar apuntamentos, esquemas, vídeos así como calquer outro material que poida ser de utilidade para o estudo da materia.
O profesorado poderá enviar exercicios e tarefas a resolver polo alumno.
Para algún temas da parte teórica e/ou seminarios utilizarase a aula virtual do Campo Remoto da UVigo, no devandito caso, avisarase con antelación ao alumnado, especificando o horario e as claves de acceso para acceder á mesma.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado ( titorías )
Para a xestión de dúbidas, comentarios ou explicacións personalizadas , o alumnado e o profesorado estarán en contacto vía e-mail ou mediante titorías virtuais no despacho virtual de cada profesor da UVigo ( previa cita )

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As avaliacións ( tanto de seminarios como da parte tórica ) realizaranse mediante a plataforma FAITIC ou MOODLE de maneira non presencial.
O profesorado enviará con suficiente antelación ao alumnado, as instrucións pertinentes para a realización das devanditas probas e a maneira de acceder ás mesmas.
O tipo de probas de avaliación non variarán, nin tampouco as porcentaxes que se lle asignan a cada parte da materia na modalidade presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000