Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Sistemas de propulsión
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame parcial de preguntas e problemas curtos (20%) (A porcentaxe se pode dividir en probas máis curtas)

Exame final de preguntas e problemas curtos (50%)
70 A2
A3
A5
B1
C29
C33
D3
D4
D5
D8
D11
D13
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informe de prácticas de laboratorio 10 A2
A3
A5
B1
C29
C33
D3
D4
D5
D6
D8
D11
D13
Traballo Informes e presentacións de traballos propostos ao longo do curso durante as sesións de prácticas 20 A2
A3
A5
B1
C29
C33
D3
D4
D5
D6
D8
D11
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación do curso na primeira oportunidade realizase por Avaliación Continua. Os estudantes que teñan unha xustificación poderán renunciar oficialmente á avaliación continua e presentarse a un único examen final de primeira oportunidade, na data oficial. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. Este exame pode ter unha parte a realizar nunha aula de informática e / ou laboratorio. A renuncia á avaliación continua debe facerse durante o primeiro mes de clase. Neste periodo se presentará o xustificante ao coordinador da materia para a sua valoración.

Para superar a materia na primeira oportunidade se requirirá unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10 na avaliación conxunta da avaliación continua durante o desenvolvemento das clases e do exame na data oficial. A nota final obterase de acordo coas porcentaxes indicadas.

Non se supera a avaliación continua nos seguintes casos:

- A non execución ou entrega, sen xustificación, de calquera dos items da avaliación continua (traballos, prácticas, exames...). Neste caso, a calificación final que se reflicte en actas será de "non presentado".

- Obter unha nota inferior a 5 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua. Neste caso, a calificación final que se reflicte en actas será a do examen final de avaliación continua.

A avaliación do curso na segunda oportunidade realizase nun examen final na data planificada polo centro. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. Este exame pode ter unha parte a realizar nunha aula de informática e / ou laboratorio.

Para superar a materia na segunda oportunidade se requirirá unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10 no exame na data oficial.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente polo Consello do Centro EEAE publícase na web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

A duración máxima dos exames será de 3 horas se non hai interrupción, e de 5 horas se hai unha pausa intermedia (3 horas como máximo para cada parte).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000