Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Mecánica analítica e orbital
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso en que teñas que ser non presenciais, as clases maxistrais e as da resolución de problemas se impartirán por Campus remoto ou por Microsoft Teams. Estos medios, xunto co email, serán tamén utilizados para a interacción co alumnado para os exercicios de práctica numérica.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Ver apartado anterior.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías, no caso en que teñan que ser non presenciais, realizaranse por email, por Campus Remoto, ou por Microsoft Teams, previo acordo co alumnado.

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas que se manteñen
Mantendranse a evaluación continua da participación activa na clases e nas prácticas [peso total 10%] e das memorias de prácticas numéricas [peso total 20%].

* Probas que se modifican
No caso de non poder ser presencial, o exame escrito farase por
por correo electrónico en tempo limitado (cada alumno/a tendrá texto distinto)
e pesará o 30 %

* Novas probas
No caso de non poder ter exames escritos presenciais, se realizará un exame oral que constará de dúas partes:
1. Presentación oral individual por videoconferencia da memoria das prácticas de cálculo numérico [peso 10 %];
2. Presentación individual en videoconferencia con soporte en powerpoint, pdf, ou outro método semellante de un traballo individual sobre un aspecto da Mecánica Orbital (con posibilidade de preguntas) [peso 30 %]
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000