Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Aleacións e materiais compostos aeroespaciais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia. Descrición da metodoloxía e probas de avaliación. Asignación de grupos
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos fundamentais da materia.
Os coñecementos adquiridos polo estudantado avaliariase a través dun exame escrito realizado segudno o calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE, publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames
Dita proba consta de preguntas obxectivas e de resposta curta
Prácticas de laboratorio Actividades para a aplicación prácitca dos colñecementos adquiridos. Desenvólvese en laboratorio e con equipamento especializado. Serán avaliadas a través dun informe de prácticas
Resolución de problemas Resolución de cuestións, problemas e exercicios relacionados coa materia. O alumnado deberá ser capaz de resolver problemas de forma autónoma
Estudo de casos Realízase unha proposta de casos reais que o estudantado ten que analizar, recompilar información de xeito autónomo, individualmente ou en grupo coa orientación do profesorado. Avaliaránse a través da presentación e defensa pública realizada ante o profesorado e o resto do alumnado coa axuda dun póster ou dunha ferramenta informática.
Saídas de estudo Visitas en grupo reducido realizada a algunha das empresas do sector aeronáutico. O estudante deberá presentar un informe da visita realizada
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000