Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Cálculo numérico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realización de forma autónoma dunha colección de problemas de cada bloque de contidos.

RA1
30 A2
A3
A5
B2
C32
D3
D4
D5
D6
D8
D11
Prácticas con apoio das TIC Asistencia e realización correcta das prácticas mediante programas informáticos.

RA1, RA2
20 A3
A5
B2
C32
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dun exame final no que se recollen os contidos correspondentes ás sesións maxistrais e á resolución de problemas.

RA1
50 A2
A3
A5
B2
C32
D3
D4
D5
D6
D8
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No
caso de non asistir á clase presencialmente, docencia mixta ou non presencial,
para poder optar á avaliación é preciso subir unha foto actualizada á
plataforma de teledocencia para poder identificar ao alumnado.

Para superar a asignatura é necesario realizar as prácticas de laboratorio e obter un 5 sobre 10 no exame final.

En calquera convocatoria é necesario obtener un 5 para aprobar a materia. A duración máxima de calquera exame será de 3 horas.

Avaliación segunda oportunidade (asistentes):

O sistema de avaliación da segunda convocatoria é o mesmo que o da primeira,
manténdose as calificacións obtidas correspondentes á
resolución de problemas e/ou exercicios e ás prácticas informáticas. O exame puntuará sobre 10 e representará o 50 por
cento da cualificación final.

Procedemento de avaliación para non asistentes (calquera convocatoria):

Avaliación teórico-práctica: Realización dun exame no que se avaliarán os resultados de aprendizaxe e a obtención das competencias sinaladas na guía docente. Cualificación: 80%

Avaliación  de
prácticas de informática: É imprescindible realizar esta proba para superar a materia.
Consistirá nun exame práctico sobre os temas tratados nas
prácticas de informática durante o curso. Cualificación: 20%

Datas de avaliación:

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames.

Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a asignatura. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Recórdase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou ordenadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, de o 30 de decembro, por o que se aproba o Estatuto de o Estudante Universitario, establece en o seu artigo 13.2.d), relativo a os deberes de os estudantes universitarios, o deber de :

"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000